MAOS INNOVACIÓN SOCIAL é unha empresa de economía social comprometida coa cultura de proximidade como medio de transformación social. Traballan desde a profesionalidade, o saber facer e a creatividade. As súas áreas de especialización son a etnografía, a xestión cultural, a comunicación, a edición e o deseño gráfico.
Fan o que lles gusta e en moi boa compañía, na de todas as persoas que foron coñecendo ao longo destes anos e na de todas as entidades coas que tiveron e teñen a oportunidade de colaborar.
En 2019 adheríronse ao Código de Boas Prácticas das Sociedades Cooperativas de Galicia, están no Catálogo de Empresas de Economía Social de Compostela e no Catálogo de Entidades Mercado Social de Galicia. Son tamén unha #GALEGOEMPRESA.
Podes encontralas e encontralos tamén en Twitter, Facebook, Linkedin, YouTube e Instagram.
Sectores: Comunicación Consultoría - Asesoramento Cultural Educación - Formación
Actividades: Comunicación Deseño Gráfico Etnografía Xestión Cultural