O Colexio Concepción Arenal ten moita historia, abriu no ano 1928 (da man de Ángel Martínez Doval movido polas súas inquedanzas pedagóxicas), e non foi ata o ano 2010 que se conformou como cooperativa de ensino, promovida por un numeroso grupo de mestras e mestres trala xubilación do propietario do centro (Javier Martínez Randulfe), polo que o colexio leva máis de oitenta anos ofrecendo ensino, aínda que baixo distintos modelos.
Trátase dun centro concertado laico, no que as socias e socios combinan os seus traballos de mestres e mestras coa xestión do propio centro.
O proxecto educativo está basado en:
- Un trato personalizado adaptado ó ritmo evolutivo e as capacidades intelectuais de cada alumno/a.
- Dominar as principales técnicas, estratexias e procedementos do traballo individual e de grupo.
- Fomentar o bilingüismo dende as primeiras etapas educativas a través da inserción do inglés.
- Fomentar a actividade e a iniciativa dos alumnos/as.
- Potenciar a adquisición de coñecementos combinando a investigación, a práctica e o estudo.
- Relacionar e argumentar para que a aprendizaxe sexa significativa.
- Potenciar as habilidades artísticas.
- Desenrolar as habilidades sociais e comunicativas.
- Atender á diversidade explotando as habilidades individuais e innatas de cada neno/a.
- Tratar de inculcar o cooperativismo, a solidariedade e os valores colectivos dende os primeiros anos de escolarización.
Etapas:
· Educación Infantil.
· Educación Primaria.
· E.S.O.