Directorio /  Colexio Eduardo Pondal S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Colexio Eduardo Pondal S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Ensino
Enderezo: Seixo-Darbo, 68-69
Localidade: Cangas do Morrazo
Provincia: Pontevedra
CP: 36949
Teléfono: 986 30 30 32
Email de contacto: eduardopondal@ucetag.org

O Colexio Eduardo Pondal naceu no ano 1982 e desde entón imparte ensinanzas de Educación Infantil (0 a 6 anos), Educación Primaria e ESO en réxime de concerto coa Xunta de Galicia.

A actividade académica baséase no desenvolvemento duns principios educativos que definen o proxecto do Colexio Eduardo Pondal:

  • Educar fomentando o respecto, a tolerancia e a cooperación, con espírito democrático e coa aceptación de todas as culturas e da igualdade de dereitos entre os sexos.
  • Conseguir que o alumnado coñeza e se responsabilice dos seus deberes e dereitos.
  • Ofrecer un ambiente cálido e próximo que favoreza o desenvolvemento e a expresión da personalidade dos alumnos e das alumnas, prestando unha especial atención ao ámbito afectivo, moral e intelectual.
  • Lograr que todos os alumnos e alumnas acaden os obxectivos educativos establecidos pola Consellería de Educación.
  • Educar no respecto e a defensa do medio ambiente.
  • Procurar que os nenos e as nenas teñan unha óptima adaptación e integración no seu entorno social.
  • Conseguir que o alumnado adquira e perfeccione hábitos de estudo, reflexión, orde, limpeza, puntualidade, compañeirismo, autodominio, traballo en equipo e aproveitamento do tempo libre para lograr os obxectivos que se propoñan.
  • Fomentar os aspectos lúdicos, deportivos, de lecer e recreativos na súa formación.
  • Potenciar o seu desenvolvemento individual para que, como persoas, poidan enfrontarse á vida real dun modo activo, crítico, participativo, construtivo e creativo.

Traballan diarimente co afán de superación e de mellora continua, cunha perspectiva de calidade, para ofrecer ao alumnado o mellor en educación e nos servizos prestados, por elo o Colexio Eduardo Pondal estivo involucrado no deseño e implementación dun plan de calidade de acordo coas normas internacionais da ISO 9001.

Este esforzo foi recompensado coa Certificación de Calidade UNE-EN ISO 9001-2008 en todos os seus niveis de ensino: Educación Infantil, Primaria e Secundaria, algo que lles fai crer cada día máis nas súas propias sinais de identidade:  a innovación continua, a atención personalizada, e a resposta individualizada ás necesidades do seu alumnado.
A alta calidade no ensino e nos servizos prestados é unha realidade e unha responsabilidade permanente para todas e todos aqueles que fan parte do Colexio Eduardo Pondal.
Dende o Colexio Eduardo Pondal fan unha clara aposta pola calidade e a mellora continua como metodoloxía de traballo e poñen todo o seu esforzo e empeño en satisfacer as expectativas do alumnado e as familias.
A obtención deste certificado  é un exemplo máis do seu compromiso co traballo , para a máxima calidade nos servizos que ofrecen.

Finalmente sinalar que o seu centro atópase totalmente implantado na zona, escolarizando alumnas e alumnos de todo o Morrazo e mesmo doutras comarcas e gozando dunha consideración no entorno que procuran manter co labor constante en prol da educación.

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma