O centro de ensino Colexio Santo Tomás comezou a funcionar como cooperativa no curso 1981-1982, e con anterioridade, as súas instalacións acolleron diferentes centros de ensino. Foi a partir dos anos oitenta cando deu comezo a andaina como centro cooperativo, que centraron esforzos na construcción dun novo edificio que albergara o novo proxecto educativo.
Na actualidade contan con 3 unidades de Educación Infantil, 6 unidades de Educación Primaria, 4 unidades de ESO e 1 unidade de Educación Especial, todas elas concertadas.
No colexio traballan 28 persoas que participan de forma activa e proveitosa na educación dos nenos e nenas de O Porriño e concellos limítrofes fomentando neles valores sociais como a tolerancia, o respecto, a cooperación, ou a solidaridade.
Niveis educativos
Sectores: Educación - Formación