O Colexio Vila do Arenteiro encóntrase situado na comarca do Carballiño, pórtico natural entre o Ribeiro e a montaña na vila termal e turística do interior de Galiza.
O centro cooperativo atópase nunha paraxe de singulares expectativas urbanísticas, cun contorno dominado por edificacións unifamiliares e abundante natureza, no límite entre os Concellos de Maside e O Carballiño.
Este centro fundouse, como sociedade cooperativa, no mes de abril de 1986, por dez persoas socias, algunhas delas profesores e profesoras do Colexio Isabel a Católica centro que pechaba ese mesmo ano. Formulamos desde o principio unha ensinanza moderna, integradora, de respecto pola natureza e con servizos globais, desde a Gardaría até a ESO, con comedor, transporte por toda a Comarca e unha gran variedade de actividades extraescolares.
Niveis educativos