Asesoría integral de empresas
ACR é unha empresa consultora creada no ano 1997 co obxectivo principal de poñer a disposición da pequena e mediana empresa unha infraestrutura tecnolóxica e humana altamente cualificada.
Buscan como satisfacer as necesidades tan heteroxéneas ás que calquera empresa pode verse sometida, a través das áreas especializadas que compoñen a súa organización. Poñen especial atención no desenvolvemento de instrumentos de xestión para que permitan ao empresariado centrarse na súa actividade.
Ofrecen de xeito persoalizado información sobre: creación de empresas, financiamento, axudas públicas, información laboral, concursos públicos, …
Na área de asesoría destacan os servizos en recursos humanos, fiscalidade e contabilidade.
Na área de consultoría prestan servizos de elaboración de estudos de mercado, proxectos de viabilidade, proxectos estratéxicos, proxectos operativos ou xestión de subvencións.
Sectores: Consultoría - Asesoramento
Actividades: Asesoría Integral De Empresas Axudas Públicas Concursos Públicos Consultoría Contabilidade Creación De Empresas Estudos De Mercado Financiamento Fiscalidade Información Laboral Operativos E Xestión De Subvencións Proxectos De Viabilidade Proxectos Estratéxicos Recursos Humanos