O Gabinete Técnico Agropecuario Terra Chá, é unha cooperativa formada por profesionais cunha ampla experiencia no asesoramento á explotacións agrarias que se creou en Vilalba no ano 2001. Na actualidade a cooperativa conta con cinco persoas socias.
Presta ás explotacións que o demanden o seu asesoramento e un amplo abano de servizos veterinarios e de enxeñería agrícola.
– servizos veterinarios: xestión da reprodución, calidade do leite, podoloxía, alimentación e servizo de clínica.
– servizos de enxeñería agrícola: proxectos e legalización de obras, medicións de terreos, particións e segregacións, impostos de sucesións, deslindes e posta de marcos, valoracións e taxacións agrarias, legalizacións de pozos de auga, tramitación de solicitudes de plans de mellora e incorporacións de mozos e mozas, ceses anticipados e axudas de vivenda rural.