Directorio /  Alén s. coop. galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Alén s. coop. galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Pazo de Arenaza s/n. Iñás
Localidade: Oleiros
Provincia: A Coruña
CP: 15171
Teléfono: 698 17 02 40
Email de contacto: info@alenlab.com

ALÉN ofrece solucións en economía circular e sustentabilidade ás diferentes organizacións do tecido económico e social galego, como vía para mellorar a súa competitividade, disminuíndo o impacto ambiental e integrando a perspectiva social nos proxectos.

As súas 4 liñas de negocio son:

– Consultoría enfocada á diagnose e análise, desenvolvemento estratéxico, e proxectos de innovación, ofrecendo servizos tales como: análise de circularidade, integración de estratexias circulares nos modelos de negocio, simbiose industrial, ecodeseño, análise de ciclo de vida, medición de pegada de carbono, ou a integración da Responsabilidade Social Corporativa (análise de grupos de interese e materialidade, desenvolvemento de políticas internas, reporting, medición de impacto, certificacións…).

– Divulgación e formación sobre sustentabilidade e economía circular para facilitar a transición cara modelos circulares en formato de cursos, charlas e webinars.

– Investigación e innovación desenvolvemento métodos, modelos e mecanismos en cooperación con universidades e organizacións, e mentorizando novos proxectos de innovación.

– Incubación de proxectos ó abrigo da cooperativa, xerando novos modelos de negocio que den solución a retos sociais e ambientais que pola súa natureza non poderían ser resoltos por entidades ailladas.

Para ALÉN a economía circular plantexa novos modelos de producción e consumo. Está baseada na natureza na que, por definición, non existe o concepto de residuo, xa que é rexenerativa por deseño. Inspirándonos neste modelo, o obxetivo de ALÉN é acelerar a integración da economía circular nas organizacións e estruturas sociais como vantaxe competitiva, acelerando a transición cara un futuro sustentable, demostrando que a economía circular é unha alternativa moito máis rentable que o sistema lineal predominante (extraer-producir-consumir-tirar), no que o valor dos materiais e produtos se perde na súa fase de fin de vida.

Trátase dunha cooperativa de traballo asociado con sede en Oleiros (A Coruña).

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma