Directorio /  Falar a Mare s. coop. galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Falar a Mare s. coop. galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Honduras 1, baixo
Localidade: Arteixo
Provincia: A Coruña
CP: 15142
Teléfono: 623061300
Email de contacto: info@falaramare.com

FALAR A MARE | Laboratorio de Moda

 

Falar a Mare S. Coop. Galega impulsan e desenvolven proxectos relacionados coa moda sostible e a economía circular no sector téxtil.

Son un laboratorio de moda: un espazo físico e virtual centrado no téxtil. Un lugar onde axudan a formarse, investigar, e desenvolver os proxectos doutras persoas, empresas e organizacións.

Dividen a súa actividade en tres ramas, que se desenvolven de maneira independente pero que á vez compleméntanse e se alimentan unhas das outras:

  • Formación: novas ferramentas e coñecementos para liderar as novas empresas do téxtil.
  • Asesoramento: poñendo a dispor o seu coñecemento, ecosistema e experiencia.
  • Lanzadeira: axudando a poñer en marcha proxectos adaptados a un colectivo ou territorio concreto.

Sectores: Educación - Formación

Actividades: Educación

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma