Directorio /  Lenda Educativa s. coop. galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Lenda Educativa s. coop. galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Rúa Río Deza, 5
Localidade: Carballo
Provincia: A Coruña
CP: 15100
Teléfono: 671054806
Email de contacto: info@lendaeducativa.es

LENDA EDUCATIVA | Centro educativo

Lenda é un centro de educación, de desenvolvemento, de formación, de coidados, de bo trato, de ocio e de deporte, tamén un centro residencial de convivencia circular.

O Centro Educativo está sito en Ardaña, no Concello de Carballo. Ten 3 aulas e está nun entorno completamente rural. A filosofía e a ruta pedagóxica céntrase en ofertar o mellor para cada alumna ou alumno. Con pedagoxía activas e empíricas. Con aprendizaxe consciente.

Como Centro de Formación: as liñas de traballo están enfocadas sempre a unha continuidade de formación en comunidade:

– Formación Adaptada de cultivos agrícolas e agroxardiñaría.

– Formación Adaptada de gandeiría.

– Formación Adaptada de coidados e atención á persoas en situación de dependencia.

Na área de Desenvolvemento e Vida Adulta: acompañan no día a día a todas aquelas persoas que precisen dun apoios máis significativos, dando resposta ás necesidades e estimulando as capacidades e habilidades, para que sigan formando parte da comunidade e facendo as actividades da vida diaria: deporte, coidados, actividades de convivencia interxeracional, actividades de estimulación cognitiva, ocio, e moito máis.

No ámbito do Ocio e Deporte: considerada como parte imprescindible para a vida de todas as persoas, é unha das grandes liñas de Lenda Educativa, por iso ofertan o deporte como hábito indispensable tanto dentro do plan educativo, como na área de desenvolvemento e formación, e mesmo na idade adulta, respectando á súa filosofía de actividades interxeracionais.

Comunidade Residencial de Vivendas Circulares: A comunidade residencial de vivendas circulares está destinada a todas as persoas que precisen acompañamento ou asistencia nalgún momento da súa vida. Lenda Educativa propón unha convivencia interxeracional, propón que todas as partes activas convivan e compartan.

E por último, o Coidado das Persoas: un coidado dende o bo trato, dende a seguridade que aporta formar parte activa dunha comunidade, das súas actividades e convivencias do día a día.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma