Organigrama
[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” border_style=”solid”][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text]
Organigrama en Espazo Coop
A Unión de Cooperativas Espazocoop ten a mesma estrutura política e de toma de decisións que as cooperativas.
O órgano de representación e decisión é a Asemblea xeral de socias composta polas cooperativas que a integran. Esta asemblea convócase anualmente para aprobar as contas e a xestión da actividade, os orzamentos e o plan de traballo.
A asemblea delega as responsabilidades de goberno nun consello reitor elixido polas socias, a súa vez, conta coa colaboración dun equipo técnico formado por nove persoas, que desenvolven as distintas liñas de traballo acordadas.
Fai clic: Vídeo resumo Asemblea 2019
>> Consello reitor
O consello reitor é o órgano de goberno de Espazocoop. Está formado por un equipo de persoas pertencentes a cooperativas socias, elixidas en Asemblea polas asociadas, renóvase simultaneamente cada catro anos, podendo ser reelixidas por un máximo de dous mandatos para o mesmo cargo.
Presidencia | Abeluria s. coop. galega – Ana Olveira Blanco
Vicepresidencia | Adigna s. coop. galega (Colexio Abrente) – Miguel Anxo Filgueira Touriño
Secretaría | Seragro s. coop. galega – Zoilo Formoso Cancela
Vogais
- Colexio Guillelme Brown s. coop. galega – Ana Otero Fernández
- Algalia s. coop. galega – Celso Gándara
- Enérxica s. coop. galega – Pilar Lozano
- Urdime s. coop. galega – María Emilia Candal Bouzas
- Nosa Enerxía s. coop. galega – Pablo Álvarez Fernández
- Xedega s. coop. galega – Isabel García Álvarez
>> Sectorial de ensino
As Cooperativas de Ensino contan cunha Sectorial propia dentro da Unión. O seu representante político é un dos membros do consello reitor.
Miguel Anxo Filgueira Touriño – Adigna s. coop. galega (Colexio Abrente)
>> Sectorial de cultura
EspazoCoop conta ademais con outra sección conformada polo grupo das Cooperativas do Sector Cultural, a súa portavoz forma parte do consello reitor.
María Emilia Candal Bouzas – Urdime s. coop. galega
>> Información das persoas que integran o consello reitor
Ana Olveira Blanco | Presidencia
Licenciada en Relacións Laborais. É socia fundadora da cooperativa Abeluria. Investigadora do sector da economía social. Traballou como técnica na Rede Eusumo (rede de fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia).
Anteriormente foi socia de 7H Cooperativa Cultural, xerenta en Sonaxe s. coop. galega e tamén estivo vinculada á Asociación de Consumidoras/es de Galicia.
Miguel Anxo Filgueira Touriño | Vicepresidencia
Diplomado en Maxisterio. É socio fundador do Colexio Abrente s. coop. galega
Foi presidente e membro do consello reitor da Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (Ucetag). Tamén estivo no consello da Federación de Cooperativas Sinerxia.
Zoilo Formoso Cancela | Secretaría
É socio de Seragro s. coop. galega
Ana Otero Fernández | Vogal
Diplomada en Maxisterio (Escola de Maxisterio de Ourense) na especialidade físico-matemática. É socia fundadora do Colexio Guillelme Brown s. coop. galega (1987), onde traballa como profesora de ciencias naturais e sociais en 5ª e 6ª de primaria, bioloxía-xeoloxía de 1ª ESO e física-química en 2ª ESO. É Presidenta da cooperativa dende o 2001.
Foi membro do consello reitor da Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (Ucetag).
Pilar Lozano | Vogal
É socia de Enérxica s. coop. galega
María Emilia Candal Bouzas | Vogal
É socia de Urdime s. coop. galega
Pablo Álvarez Fernández | Vogal
Licenciado en Ciencias Políticas e Administración pola USC. É socio fundador e presidente de Nosa Enerxía s. coop. galega
Isabel García Álvarez | Vogal
Diplomada en Relacións Laborais pola UVigo, Postgrao en Dirección e Xestión de Pemes e Cooperativas, e Técnica superior en Prevención de Riscos Laborais. É socia de Xedega s. coop. galega, onde traballa dende hai máis dunha década no Departamento Laboral.
Celso Gándara | Vogal
É socio e xerente en Algalia s. coop. galega
[/fusion_text][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container][fusion_builder_container hundred_percent=”yes” overflow=”visible”][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”no” center_content=”no” min_height=”none” last=”no” hover_type=”none” link=”” border_position=”all”][fusion_text][/fusion_text][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]