[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” border_style=”solid”][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text]

MISIÓN

A Unión de Cooperativas Espazocoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores e que ten como obxetivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperavismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.

VISIÓN

Espazocoop aspira a ser a entidade de referencia no ámbito do cooperativismo galego, no marco da economía social e solidaria, con vocación de influencia na sociedade e de transformación social, consolidando os valores e principios cooperativos e colaborando na consecución dunha economía baseada na primacía das persoas, o desenvolvemento sostible e a responsabilidade social.

VALORES

A unión de cooperativas ten como referencia e marco de funcionamento os seguintes principios e valores compartidos, que forman parte da súa cultura e identidade:

  • Aberta e non discriminatoria.
  • Autonomía e independencia.
  • Proactividade e participación.
  • Interese pola comunidade, responsabilidade social e sustentabilidade.
  • Solidariedade, cooperación, axuda mutua, traballo digno e en equipo, colaboración e intercooperación.
  • Empatía coas persoas e entidades usuarias, cercanía e proximidade.
  • Franqueza, honestidade, transparencia e xestión ética.
  • Innovación, mellora continua e excelencia.
  • Autoestima.
  • Formación continua.
  • Igualdade de xénero.
  • Defensa da cultura e da lingua galega.

 

 

[/fusion_text][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]