Dalleqdalle é un proxecto cooperativo de servizos Coworking que ven de saír na prensa dixital, no Canal Rías Baixas. A través dun vídeo que publican neste Canal podedes coñecer a algunha das súas socias, saber cales son os servizos e actividades que ofrecen, por que elixiron ser…
03/03/2016
A Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Gerês-Xurés (RBTGX) organiza os días 5 e 6 de marzo unha Xornada de portas abertas ao patrimonio da Reserva Da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, onde queren mostrar parte do traballo realizado desde setembro de 2015 dunha forma amena e participativa. Serven estas…
02/03/2016
Como parte da Rede CIMAS (www.redcimas.org), a cooperativa Cidadanía quere trasladarvos a información sobre o Foro de Metodoloxías Participativas que celebrarán en Madrid os días 22 a 24 de abril de 2016. O encontro articúlase en talleres de traballo en común, que permitan reflexionar, compartir…
26/02/2016
A cooperativa Simbiosis continúa realizando cursos para os sectores relacionados coa alimentación, estas son as próximas actividades: Curso “Xestión de alérxenos en empresas do sector alimentario” – 24 de febreiro de 2016 nas instalacións de Simbiosis en A Coruña. Horario: 10:00-14:00 Curso “Implantación de sistemas de…
19/02/2016
A cooperativa Algalia é un referente en temas de consultoría e asesoría, periodicamente informa de cuestións relevantes na xestión empresarial. Hoxe reflectimos unha información que nos chegou a través do seu boletín, de interese para o ámbito sociolaboral das empresas e das cooperativas, en concreto para…
10/02/2016
A cooperativa Simbiosis organiza un curso Bioestadística Práctica, acreditado polo Sistema Nacional de Saúde con 2,8 créditos de formación continuada para todas as profesións sanitarias. Datas: do 1 de febreiro ao 30 de marzo de 2016. (40 horas lectivas). É un curso on-line con apoio tutorial persoalizado. Con…
13/01/2016
A Cooperativa Pegadas, S.Coop.Galega, con sede na Coruña, ten aberta a recepción de candidaturas para cubrir un posto de traballo na área de administración. Buscan unha persoa traballadora que poida ter vontade de incorporarse como socia traballadora da cooperativa nun futuro. Requisitos: Formación: Requírese formación na área de…
12/01/2016
A cooperativa XEDEGA lanzan “Emprende con Xedega”. Trátase dun programa gratuíto dirixido a persoas emprendedoras que queiran contrastar a súa idea de negocio cun equipo especializado. Visita a súa Web para acceder a máis información sobre este Programa. Fai clic para saber máis: Programa Emprende con Xedega Suliñar que…
11/12/2015
As cooperativas Feitoría Verde e Maos Innovación Social levan adiante un proxecto para o estudo, análise e posta en valor do patrimonio material e inmaterial da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. Presentámosvos a rede social facebook na que están amosando…
10/12/2015
Desde Cestola na Cachola, S. Coop. Galega convidánnos a visitar a súa exposición de pinturas orixinais ‘MULLERES CON CESTA’, que estará aberta os días 4, 5 e 6 de decembro na entrada ao recinto feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra, no marco da Feira das…
03/12/2015