A cooperativa Cidadanía precisa incorporar proximanente unha persoa para desenvolver tarefas de apoio en proxectos. – Con formación e experiencia en traballo de equipos, animación e dinamización social, e procesos de participación. – Dispoñibilidade para viaxar. – Dominio de idioma galego (falado e escrito). – Centro de traballo en Santiago de Compostela. Enviar currículo ao enderezo cidadania@cidadania.coop ata o día 5 de marzo de 2018. Cidadanía é unha cooperativa de profesionais das ciencias sociais que desenvolve labores de consultoría, participación social, investigación e formación. A democracia é o corazón do proxecto profesional de Cidadania. Ademais,…
09/02/2018
Cursos online gratuítos con diploma oficial A cooperativa Tagen Ata, en colaboración con Academia Postal Vigo, está a ofrecer cursos gratuítos na modalidade de teleformación para persoas traballadoras en diferentes sectores, incluído o cooperativismo-economía social. Se desexas máis información e acceder ao formulario de inscrición, preme…
19/01/2018
A cooperativa de traballo Árbore da Vida abriu un proceso de selección para incorporar unha socia ao seu proxecto. Precisan a unha persoa profesional con experiencia no ámbito da saúde e o benestar, que teña como filosofía de traballo as terapias complementarias (fisoterapeuta, quiromasaxista, acupuntor/a, fisioestética, naturópata, etc.). Árbore da Vida adícanse…
08/01/2018
BEN MERCADO .. Tenda online BEN MERCADO é unha plataforma común de venda en liña na que entidades da economía social poñen en venda os seus produtos e servizos. Unha oferta sin fin de entidades que colaboran, entre as que se atopan cooperativas, sociedades laborais e iniciativas que poñen en…
22/12/2017
A cooperativa CESTOLA na CACHOLA, como cada ano, poñen en marcha a venda de #rifolas (rifas da cestola) para sortear unha cesta con produtos cestolos e doutros proxectos amigos. Realizarán o sorteo o día 7 de xaneiro ás 17:00 (domingo, día despois de Reis) e colgarán o vídeo na…
22/12/2017
A cooperativa Mulleres Colleiteiras para a recollida de aceite vexetal usado confórmase no ano 2015 co obxetivo principal de dar acceso laboral a mulleres en situación de maior desvantaxe social que outras persoas. Co apoio de Arquitectura sen Fronteiras o proxecto céntrase na formación de mulleres para que melloren as…
19/12/2017
OFERTA DE EMPREGO PARA POSTO DE ENXEÑERÍA ELECTRÓNICA I+D+i Na cooperativa Strelia están iniciando un proceso de contratación dunha persoa enxeñeira electrónica I+D+i. Posto: Enxeñeiro/a de telecomunicacións ou industrial, especialidade electrónica, para posto de deseño electrónico, desenvolvemento de hardware e innovación tecnolóxica na empresa cooperativa Strelia Electrotecnia (strelia.pro).
18/12/2017
Culturgal 2017 acolle ao cooperativismo e a economía social do sector cultural na súa 10 edición, será no Expositor común posto a disposición pola Rede Eusumo, os días 1, 2 e 3 de decembro na Cidade da Cultura de Pontevedra. Na Feira das Industrias Culturais teredes ocasión de coñecer o traballo e…
30/11/2017
FabSpace, cooperativa asociada a EspazoCoop, veñen de presentar unha Proposta de Actividades destinadas ás cooperativas de ensino da Unión, co fin de que a valores para integrala e desenvolvela dentro da programación dos centros de ensino. FabSpace, ubicada en Vigo, ten como actividade principal a fabricación dixital, a programación, e a…
29/11/2017
TOUZA VELLA é a marca dos queixos elaborados pola cooperativa de Castro Caldelas COMO CABRAS, que gaña co seu queixo cremoso o Bronce, e co queixo madurado a Prata nos World Cheese Awards 2017. Touza Vella foi nomeado entre os gañadores da trixésima edición dos World Cheese Awards en Londres,…
29/11/2017