Que é o Germinador Social? O Germinador Social é un concurso impulsado por Som Energia e Coop57 que pretende estimular a creación de modelos innovadores de iniciativas sociais, enerxía renovábel e eficiencia enerxética, e axudalas a porse en marcha co obxectivo de promover novos axentes locais para a transición enerxética no marco da economía social e solidaria (ESS). A quen vai dirixido? O Germinador Social está aberto a todas as iniciativas -con calquera forma legal de economía social e solidaria- de recente creación (máximo de tres anos de funcionamento), e ás organizacións xa existentes que queiran iniciar unha nova liña de actividade, e que, desde os principios da ESS contribúan á democratización da enerxía, ao fomento das enerxías renovábeis, ao apoderamento das persoas usuarias e/ou á eficiencia enerxética. En definitiva, que se constitúan en novos axentes para a transición enerxética. Nesta segunda edición, as persoas ou entidades participantes, deberán presentar os seus proxectos dentro dun destes sete ámbitos: - Eficiencia enerxética
- Formación
- Xeración de renovábeis
- Medio urbano ou rural
- Movilidade sustentabel
- Pobreza
- Procomúns
- Outros
|