16/02/2017
[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_opacity=”0.5″ border_style=”solid” padding_top=”20px” padding_bottom=”20px”][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” padding=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text]
Convocáronse as subvencións 2017 para fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social)
Estas axudas están destinadas ás cooperativas, entre outras beneficiarias.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria estableceu mediante a Orde de 26 de Xaneiro as bases reguladoras destas subvencións, cuxo extracto foi publicado no DOG de 16/02/2017.
Fai clic, para descargar os documentos informativos:
Finalidade :
Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento colectivo en empresas de economía social.
Establecéronse os Programas:
Programa I: Fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais.
Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia traballadora.
Programa III: que ten por obxecto a concesión de subvencións que faciliten a posta en marcha de proxectos empresariais, tanto de nova creación de cooperativas ou sociedades laborais como xerados polas existentes.
Programa IV: que ten por finalidade o impulso dos procesos de integración empresarial de entidades de economía social, así como o lanzamento de proxectos de colaboración empresarial relacionados coa investigación, desenvolvemento e innovación, e coa loxística, comercialización e internacionalización.
Prazo de solicitudes :
O prazo xeral para presentar as solicitudes de axuda é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Lembrade!
Dende a Unión de Cooperativas Espazocoop asesorámosvos gratuítamente na súa tramitación.
[/fusion_text][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]