21/09/2015
A Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura da Universidade da Coruña organiza unha nova edición do Curso Iniciativa Emprendedora. Proceso de Creación de Empresas. Esta iniciativa ten por obxecto ofrecer alternativas de emprego e desenvolver potencial creador do alumnado.
O curso está promovido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e será impartido pola Escola de Organización Industrial.
Máis información no seguinte enderezo web e emprego.vedc@udc.es
Próxima edición en Novembro na Coruña.
EMPREGO UDC– SAPE –Telf.: 981167000 Exts: 3616, 2901,2903