A Cidade da Cultura de Galicia convoca a terceira edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia. Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades: - Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet.
- Proxectos na área do deseño, creación artística e plástica.
- Iniciativas na área da xestión cultural.
O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta e durante doce meses ao espazo de coworking Gaiás da Cidade da Cultura e un premio en metálico de 2.000 euros. Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia antes do 15 de xullo. Podedes ler e descargar as bases en www.cidadedacultura.gal. |