Directorio /  Fenda Estudio Creativo s.coop. galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Fenda Estudio Creativo s.coop. galega
Tipo: Cooperativa de Xuvenil
Enderezo: Aldea Xesta 38 (Calo)
Localidade: Teo
Provincia: A Coruña
CP: 15866
Teléfono: 622799769

FENDA ESTUDIO CREATIVO | Deseño web, gráfico, fotografía, vídeo e rrss

 

Deseño, creación e desenvolvemento web:

● Crean páxinas web adaptadas ás necesidades de cada cliente, desde o deseño visual ata o desenvolvemento técnico.
● Garanten unha óptima experiencia de usuario e unha funcionalidade adecuada a cada proxecto.
● Tamén ofrecen servizos de mantemento web para asegurar o correcto funcionamento a longo prazo.

Deseño Gráfico e Branding:

● Proporcionan solucións visuais que inclúen a creación de logotipos, identidade corporativa, e deseños personalizados para diferentes soportes.
● Desenvolven ilustracións para libros, deseño de tarxetas de visita, merchandising, e todo tipo de adaptacións gráficas que reforzan a imaxe e a coherencia da marca.

Fotografía e Vídeo:

● Producen contidos multimedia, tanto en fotografía como en vídeo, adaptados ás necesidades promocionais e comunicativas de cada proxecto.

Relacións Públicas e Xestión de Redes Sociais:

● Xestionan a imaxe pública e a estratexia de comunicación das marcas en medios tanto tradicionais como dixitais, establecendo a voz e o ton adecuados para garantir unha coherencia en todas as interaccións.
● Definen pautas claras de comunicación e copywriting que reflicten os valores da marca e serven de guía para todas as súas mensaxes.
● Creamos e planificamos contidos para redes sociais, aliñados cos obxectivos da marca e adaptados ás tendencias actuais, fomentando a interacción coa audiencia e promovendo a creación e xestión de comunidades activas.

● Ademais, ofrecen apoio na xestión de crises de comunicación e na organización de pequenos eventos que reforcen a conexión coa audiencia.

Planificación Estratéxica:

● Desenvolvemos plans estratéxicos de marketing, baseados en investigacións especializadas e análises de mercado para respaldar cada decisión con datos sólidos e relevantes.
● Elaboramos calendarios de contidos precisos, asegurando unha comunicación efectiva e consistente cos obxectivos empresariais.

Asesoramento:
● Ofrecemos un servizo de asesoramento continuo para acompañar ás marcas na súa evolución, asegurando que cada acción de marketing estea aliñada cos seus obxectivos a longo prazo.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma