50PÉS CONSULTORAS
50pés Consultoras, S. Coop. Galega realiza facilitación grupal (acompañamento e formación) a proxectos empresariais ou sociais, para axudar ao seu éxito, o seu desenvolvemento e autonomía, incidindo en aspectos de relacións grupais, económicos e de xestión.
A perspectiva de xénero e feminista coa que aborda o traballo permite ampliar a visión e acción da súa clientela e seus proxectos, así como mellorar os resultados e satisfacción global.