Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega, xorde da combinación de dous elementos igual de importantes:
o desexo de poder desenvolver unha actividade profesional que non só sexa viable economicamente, mais tamén coherente cos principios éticos das persoas socias que participan no proxecto; e a constatación de que existe un baleiro no mundo editorial galego nos eidos da economía social e da ecoloxía, malia o crecente interese da sociedade en xeral por estas cuestións.
Son cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro.
Sectores: Cultura - Ocio - Deporte