Servizos de educación ambiental e estudo do medio
Cem foi pioneira na comunidade galega no ámbito da educación ambiental. A súa traxectoria como proxecto cooperativo comeza na década nos noventa, máis de quince anos no sector.
En CEM apostan por un decidido compromiso coa conservación do medio ambiente, tanto a nivel local como global, a coherencia ambiental no desenvolvemento das actuacións e servizos, e un fondo compromiso coa cultura, o patrimonio e a lingua galega.
Seguen e cren no modelo cooperativo porque reflicte tamén o compromiso con importantes valores sociais como a solidariedade, a xustiza social, a igualdade…
Pretenden proporcionar á sociedade recursos orientados a conquerir que as persoas respecten, valoren e conserven o medio ambiente para acadar un desenvolvemento ecolóxico e social máis equilibrado.
CEM desenvolve servizos de educación ambiental como a xestión de equipamentos ambientais (aulas da natureza…), deseñan e imparten programas de formación ambiental, realizan campañas de sensibilización ambiental, forman a persoas formadoras, xestionan estancias ou realizan itinerarios ambientais.
Traballan en divulgación e interpretación ambiental, deseñando materiais e publicacións, exposicións, centros de interpretación, itinerarios, ou ecomuseos, traballando tamén na xestión e dinamización de procesos de participación pública (axendas 21…).
CEM realiza estudos e planificación do medio ambiente destacando os estudos ambientais de flora e fauna, proxectos de uso público de espazos naturais e do patrimonio, ou plans de interpretación e sinalización de espazos naturais.
Preme sobre o nome para ver un vídeo da cooperativa: cem