Bouza Brey defínese como un colexio pluralista dende un punto de vista político e relixioso, fomentan o espíritu crítico e a capacidade de discusión. Dado que só teñen unha soa liña educativa caracterizándose por ser un centro familiar, pois é moi doado coñecerse e traballar en conxunto.
Para o centro, cada etapa educativa presenta uns obxectivos fundamentais:
- En Infantil, pretenden que os nenos/as sexan felices, que se adapten ao colexio sen traumas. O colexio convértese no seu segundo fogar e nun lugar de convivencia e socialización. Un lugar onde o neno ou a nena é valorada por si mesma, con cariño e comprensión, ademais de acadar coñecementos propios da súa idade.
- En Primaria, tamén pretenden que o alumno adquira coñecementos de forma paulatina. Valoran a orde e a disciplina, así como o respecto mutuo e o traballo diario.
- En Secundaria, ademáis, buscan formar mozos e mozas competentes, respectuosos pero ao mesmo fomentan o espíritu crítico.
Niveis educativos
- Educación infantil : 3, 4 e 5 anos.
- Educación primaria: de 1º a 6º.
- ESO: de 1º a 4º.