O Colexio San José ten como obxectivos, en primeiro lugar, a atención á formación integral do alumnado, tanto no aspecto intelectual como no de conduta e comportamento, procurando que ambos se complementen en cada caso particular segundo as necesidades do alumnado, cunha atención personalizada e permanente. Así mesmo, búscase integrar os nenos e as nenas no ambiente e medio físico e social que os rodea, participando en todas cantas actividades de índole deportivo, social ou doutros ámbitos da vida cidadá.
O centro cooperativo está formado por 8 persoas socias, e o edificio do colexio sitúase na Zona Monumental de Pontevedra, ten tres alturas, é de pedra e totalmente acorde coa zona histórica na que está situado; mantense a liña de construción tradicional galega, cunha galería na terceira planta e soportais no baixo.
Niveis educativos
Sectores: Educación - Formación