debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121Maier Ferroplast Sociedad Cooperativa Galega, a firma porriñesa de compoñentes para automoción, pertence ao consorcio vasco Maier, que forma parte á súa vez da Corporación Mondragón. A actividade fundamental de Ferroplast é a fabricación de pezas plásticas mediante inxección para a industria de automoción (aínda que subministra tamén a outros sectores).
A sociedade Maier S. Coop. constituíuse en 1975 e en 1991 adquiriu Ferroplast. Foi no ano 1998 cando inaugurou a nova planta en Porriño (no polígono da Granxa). No ano 2012 Maier Ferroplast convertiuse na primeira sociedade cooperativa mixta de traballo asociado de Galicia. Máis de 150 dos 190 traballadores que integraban o equipo indefinido de Maier Ferroplast aceptaron o paso de asalariados a socios cooperativistas, cambiando a fórmula xurídica da empresa de sociedade limitada a sociedade coperativa.
A área de negocio do grupo Maier divídese en tres áreas: automoción, telefonía e electrodomésticos. No caso de Maier Ferroplast, este subministra pezas de plástico estampadas a PSA Peugeot Citroën, DC Grupo, Visteon, GM Grupo, Volkswagen Grupo, Tirafonda, Ford, Grupo Renault-Nissan, Antolín, Toyota e Faurecia. O 84% das vendas son para o mercado nacional, e un 76% destas concéntranse en Galicia (PSA-Vigo). A actividade comercial está centralizada en Maier S. Coop. (en Guernica).
Segundo o informe Ardán 2012 do Consorcio da Zona Franca, Ferroplast facturou en 2010 case 33 millóns de euros, alcanzando unha rendibilidade económica do 16,39%. Ese ano, entre emprego fixo e eventual, a planta de Porriño empregou 279 traballadores.
Sectores: Automoción
Actividades: Fabricación Piezas Automoción