debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121En Palas de Rei, no Camiño de Santiago, atópase Milhulloa, S. Coop. Este proxecto de auto emprego formado por tres persoas nace no ano 2000 e dedícase o cultivo ecolóxico e comercialización de plantas aromáticas e medicinais. A cooperativa traballa na recuperación da flora autóctona en perigo de extinción e para elo ten un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago para análise e mellora dos cultivos. É a única empresa galega dedicada a esta actividade e que leva a cabo todo o ciclo, desde a produción á transformación e venda do produto.
Ao longo da súa traxectoria foron incorporando novos produtos ó proceso de deshidratado como alternativa a outras foras de consumo e mantemento dos produtos. Están a traballar tamén con verduras e hortalizas (grelo, espinaca, pemento, tomate, cebola e cabaza). Elaboran ademais aceites esenciais e produtos de baño, impartindo ademais, cursos de cosmética natural. Milhulloa forma parte do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e tamén é socia da Asociación de Produtores/as Ecolóxicos/as de Galicia (APEGA).
De xeito complementario e levando á práctica os principios cooperativas gostan de realizar e participar en actividades de divulgación e formación cooperativa, así como de atender visitas guiadas á cooperativa.
No ano 2014, na liña de diversificación e mellora continua, emprenden, xunto coas compoñentes de Granxa Maruxa a creación dunha nova empresa, Aires da Ulloa. A través dela xuntan experiencias, coñecementos e esforzos para dedicarse á elaboración de produtos de cosmética, coas plantas de Milhulloa e o leite de Granxa Maruxa.
Milhulloa foi a cooperativa anfitriona no Día do Cooperativismo do ano 2011.