O proxecto Mulleres Colleiteiras ten como principal obxectivo o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado, ofrecendo unha proposta eficaz ao problema dos verquidos de aceite nas cociñas e ao aproveitamento dun recurso.
Desta forma, a iniciativa céntrase no beneficio económico e social mediante a creación de postos de traballo, e ambiental aproveitando un recurso moi enerxético e evitando o problema de verquidos, mediante un proceso local na totalidade do ciclo de xestión, dende a súa recollida ata a súa transformación e utilización en equipamentos locais.
Sectores: Loxística - Transporte Medio ambiente