Diversidade na confección téxtil
A cooperativa Os Muiños é unha das cooperativas de confección máis antigas de Galicia. Créase no ano 1988 e dende entón realiza a montaxe de prendas de vestir de muller, cun alto grao de variedade de tecidos e tipos de prendas.
A súa traxectoria da como resultado un alto nivel de estabilidade no cadro de persoal da empresa, que garante nove posto de traballo a outras tantas mulleres da Costa da Morte. A pesar dos altibaixos e da irregularidade na produción que caracteriza a este sector, loitan por manter o seu posto de traballo superando as dificultades e a precariedade que fan desta actividade un traballo pouco valorado e mal remunerado. Facer fronte a estas condicións e ser unha alternativa laboral nun contorno de poucas posibilidades para as mulleres reforza a cohesión da cooperativa.
Sectores: Téxtil - Confección
Actividades: Confección Confección Téxtil Industrial Industrial Textil