A Cooperativa Urdime nace froito da unión das sinerxias de varios profesionais da xestión cultural, construindo pontes e camiños que xuntan coñecementos e enerxías, co fin de xestionar proxectos culturais relacionados coa infancia e a xuventude.
Traballan sobre catro fios básicos:
Distribución e representación de varios proxectos e compañías de artes escénicas.
Servizos de comunicación para o sector cultural.
Xestoría administrativa, especializada en cultura, coa que damos cobertura fiscal, laboral e contable.
Acción cultural, na que formulamos propostas culturais centradas na infancia e na xuventude