Xedega é unha asesoría -consultoría pioneira en Galiza no que a labores de asesoramento e apoio a entidades de economía social e PEMES se refire, (con preferencia de cooperativas e sociedades laborais).
Un dos principais servizos consiste na elaboración, impartición e seguimento de programas formativos a medida, tanto para organizacións da economía social, como para grupos promotores de proxectos cooperativos e persoas interesadas en xeral.
Aglutinan unha longa traxectoria na posta en marcha e a monitorización de distintos proxectos empresariais cooperativos, enmarcados en ámbitos como o tempo libre, a alimentación, a acuicultura, o ensino, a música, as artes gráficas, os mobles, o metal ou o naval, entre outros.
Xedega ven desenvolvendo tamén unha serie de actividades de promoción e fomento do cooperativismo, entre as que citamos a edición de publicacións, manuais, material audiovisual, programas formativos, asistencias técnicas e consultarías, tanto para entidades públicas como privadas.
A través dos servizos ofrecidos por Xedega complétase o ciclo de: formación previa, constitución, tramitación de axudas, asesoramento, monitorización do proxecto e acompañamento técnico -formativo das empresas.
Amais desenvolve asesoramento laboral, fiscal e contable, estudos económico -financeiros, plans estratéxicos e de xestión, trámites de constitución e posta en marcha, tramitación de axudas e subvencións, asesoramento xurídico -legal e formación de xestión e cooperativa.
Sectores: Consultoría - Asesoramento Educación - Formación
Actividades: Actividades De Asesoría Consultoría Formación E Servizos Asesoramento Axudas Constitución Contable Cooperativa Económico Estratéxicos Estudos Financeiros Fiscal Formación Laboral Legal Marcha Plans Posta Tramitación Trámites Xestión Xurídico