Vídeo divulgativo ‘ Economía Social + Sector Tic’ : ao redor do que é a economía social e de como este modelo económico pode encaixar para desenvolver iniciativas profesionais do Sector Tic.
Este vídeo forma parte dos contidos producidos na canle de comunicación
LACES Economía Social TIC Galicia-Portugal, unha iniciativa coordinada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop no ámbito do Proxecto Laces (impulso da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal). Podes seguila nas principais redes sociais: youtube, facebook, twitter, instagram, telegram e whatsapp.