Colexio Jorge Juan é un centro de ensinanza concertada sostido con fondos públicos e sen vinculacións relixiosas e políticas, centrado en fomentar a integración e a pluralidade. O seu interese é concentrar os esforzos en capacitar aos nenos e nenas para a vida, polo que é necesario atender a todos os aspectos da súa persoa, e concienciar e potenciar ao alumno/a no desenvolvemento das súas capacidades.
Entenden a educación como un medio para acadar o ben e o benestar, tarefa que aceptan e comparten coa sociedade e coas familias. A atención individual dos seus mestres e mestras e titores/as enfócase no continuo seguimento da aprendizaxe do alumnado derivando nunha cercana comunicación coas familias.
Imparten os cursos de 4º, 5º e 6º de educación infantil, así como todos os niveis de educación primaria e secundaria. Ronda os 500 alumnos e alumnas. Ademais, pódese ir desde o primeiro ano e disfrutar da súa Escola Infantil e das súas mestras e mestres de gardería.
Niveis educativos
Sectores: Educación – Formación