O Colexio Landro abre as súas portas na avenida Nicolás Cora 60 de Viveiro ao principio dos anos sesenta como centro de bacharelato. As distintas reformas educativas converten este centro neste momento nun colexio de Educación Infantil e Primaria.
No ano 1993 constitúese como cooperativa, xestionando a partir de entón o centro educativo en réxime cooperativo. Na primavera de 2006 constrúese un novo edificio, na rúa Alonso Pérez 17, para albergar a Educación Infantil (3-6 anos) e unha gardería para nenos/as de 0-3 anos.
Sectores: Educación – Formación