Luis Vives é un colexio privado concertado, aconfesional e respectuoso con todas as crenzas, manifestándose tamén libre de calquera tendencia ideolóxica ou política. É unha sociedade cooperativa dende 1981. A súa historia remóntase á década dos cincuenta, cando xorde como centro privado da man de Robustiano de Castro Carballeira, converténdose nun referente na educación e formación da xuventude da bisbarra e mesmo de Galicia.
O ensino que imparten abrangue dende Educación Infantil, Primaria e Secundaria, en réxime de concerto educativo coa Xunta de Galicia.
O seu obxectivo é a formación integral da persoa. Educan para a liberdade e a responsabilidade dende a proximidade e a esixencia, en estreita colaboración coas familias. Así o alumnado poderá enfrontarse a unha sociedade cada vez máis aberta, cambiante e plural, cunha bagaxe académica, uns principios e valores que lles permitirán trazar o seu futuro dende a solidariedade e o respecto ás persoas e ao medio.
Niveis educativos
Sectores: Educación – Formación