Directorio /  Colexio Alborada | Claimo S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Colexio Alborada | Claimo S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Ensino
Dirección: Avda. Aeroporto, 392
Localidad: Vigo
Provincia: Pontevedra
CP: 36317
Teléfono: 986 27 24 32
Email de contacto: cpr.alborada@edu.xunta.es

O Colexio Alborada é un centro de ensino cooperativo dende 1980 (Claimo S. Coop. Galega), a década anterior foi diferentes centros e colexios ata que unha crise fai que o profesorado aposte por defender e desenvolver un novo proxecto educativo, baixo o modelo cooperativo e co apoio das familias dos alumnos e alumnas.

Dotaron o centro dun novo regulamento de funcionamento e elaboraron o ideario do colexio que é hoxe en día, un centro subvencionado, que conta con ANPA (o traballo e o apoio das familias para o centro é fundamental), tres aulas de Educación infantil (3, 4 e 5 anos), seis aulas de Educación Primaria e catro aulas de Educación Secundaria Obrigatoria. Ademáis do Departamento de Orientación, da Aula de Música, Aula de Tecnoloxía, Aula de Plástica, Aula de Informática, Obradoiros, Aulas de Apoio, Laboratorio, Comedor, etc.

Desde a inauguración do edificio novo, en setembro de 1990, ata o día de hoxe reconvertiron, modificaron e fixeron numerosas obras de acondicionamento.

No curso 2005/06 celebraron o 25 aniversario orgullosos e orgullosas de seguir coa súa labor educativa. Foi nese momento cando tamén empezaron a introducir as novas tecnoloxías na aula e así renovaron a aula de informática e incorporan ao centro encerados dixitais, ordenadores portátiles, proxectores e equipamento wifi. Este uso das novas tecnoloxías vense aumentado coa creación da propia plataforma de Google Apps for Education Albotic.

Respecto á potenciación das linguas estranxeiras, no curso 2007/08 organizan a primeira viaxe ao estranxeiro a un país de fala inglesa para o alumnado de secundaria, actividade que seguen realizando os cursos posteriores. Con estas viaxes dan a oportunidade de facer o primeiro contacto co inglés ou francés xa que sempre se elixen países que teñen algunha destas linguas como a materna (Londres, París, Bruxelas, Dublín, Edimburgo, etc.).

No curso 2012/13 fan o seu primeiro intercambio cun colexio europeo con estudantes de 3º ESO. O intercambio consiste non só na estancia dunha semana en cada un dos países participantes, senón tamén na realización dun proxecto común, normalmente na pltaforma pertencente á Comunidade Europea, eTwinning.

No curso 2014/15 empezan a andadura como centro plurilingüe impartindo as materias de educación física en inglés en 1º EP e 1º ESO, que se extende a outros cursos e materias en anos sucesivos.

Niveis educativos

No Colexio Plurilingüe Alborada imparten:

  • Educación Infantil: de 3 a 6 anos.

  • Educación Primaria: de 6 a 11 anos.

  • Educación Secundaria: de 12 a 16 anos.

  • Educación Especial.

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma