Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114
EspazoCoop - Espazo CoopNueva edición 'Medrando Xuntas' - Espazo Coop

Directorio /  Nueva edición 'Medrando Xuntas' - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Nueva edición ‘Medrando Xuntas’

06/03/2019

Nueva edición ‘Medrando Xuntas’

Dende a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia queren facervos partícipes da terceira edición do programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, que promociona o talento feminino nas entidades de economía social. Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.

O programa conta con dous itinerarios diferentes:

1| un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección

2| e outro para socias e traballadoras.

En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.

As novidades desta edición consisten nun adianto en datas, xa que a formación celebrarase no primeiro semestre, e a incorporación de titorías individuais para as participantes. Así mesmo, contaremos co II foro participativo aberto a todas as mulleres da Economía Social Galega.

Esta iniciativa resulta de especial interese para todas as organizacións galegas da economía social.

Toda a información relativa a ambas as dúas formacións: docentes, programa completo, horarios, etc. podes consultala nas seguintes ligazóns: curso directivas e curso socias.

As inscricións poden realizarse a través dos formularios web (para directivas e socias​), no enderezo electrónico medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou no teléfono 651 394 409.

O prazo para inscribirse remata o 29 de marzo de 2019.

 

MEDRANDO XUNTAS

Talento feminino na economía social en Galicia

Secretaría Xeral de Emprego. Xunta de Galicia

medrandoxuntas.emprego@xunta.gal

651 394 409 | 676 531 453

Relacionado