INTERCEDES, é unha Consultora formada por un equipo multidisciplinar con visión integral.
Desenvolve intervencións no ámbito da educación intercultural, veciñal, social, xurídica e do terceiro sector co obxetivo de impulsar procesos cunha clara orientación para a transformación e o empoderamento.
Intercedes acompaña a grupos de profesionais, institucións públicas, empresas, e organizacións en xeral.
Desenvolven iniciativas que contribúan ao fortalecemento da Economía Social e o emprendemento colectivo, a través da formación, o asesoramento e acompañamento a proxectos.
Servizos que brindan:
Investigación : investigación aplicando a metodoloxía da Investigación acción participativa e técnicas das enquisas en profundidade, grupos de discusión, historias de vida, análise documental.
Formación : Impulsan talleres, charlas, conferencias, seminarios con perspectiva de igualdade de homes e mulleres.
Consultoría: Acompañan procesos para a implementación de proxectos de intervención en áreas de igualdade, educación, social, xurídica e comunitaria utilizando as técnicas do Training Group (dinámicas grupais).
Intercedes é unha sociedade cooperativa de traballo asociado con sede en Ourense.
Sectores: Consultoría – Asesoramento