Asesoría . Consultoría. Servizos para o terceiro sector
Algalia é unha cooperativa pioneira que, dende 1995, traballa para o sector social en Galicia e pon á súa disposición anos de experiencia e a confianza dos seus clientes.
Achegan a todos os seus servizos, a dedicación dunha empresa que cre no que fai e medra con cada servizo realizado.
Xerando valor desenvolven a especialización non terceiro sector como razón de ser da súa organización. Crecen para ofrecer servizos integrais nun sector en continua evolución, adaptándose cada día e asumindo os retos que se lles formulan. A súa misión busca contribuír a mellorar a organización, xestión e dinamización do sector non lucrativo e, en xeral, do sector social, como xeito de reforzar a sociedade civil a través de servizos prestados de forma integral, participativa e con calidade. Prestan os seus servizos a tráves de seis areas:
Prestan • servizos de xestión económica e financeira integral que proporcionan un alto valor engadido para a dirección das entidades coas que traballan.
Ofrecen uns servizos • socio-laborais especializados nos convenios colectivos de aplicación habituais no sector non lucrativo como son discapacidade, acción social, educación e cooperación.
Achegan un• enfoque estratéxico na súa dirección así como asesoramento nos proxectos ou iniciativas públicas relacionadas co terceiro sector de acción social.
En Algalia asesoran e apoian personalizadamente na xestión e mellora de • procesos así como na implantación, mantemento e avaliación de sistemas de xestión de calidade.
En Algalia ofertan tanto • formación como contidos divulgativos que se adecúen ás necesidades do terceiro sector e que posibiliten desenvolver os coñecementos e habilidades.
En Algalia • xestionan proxectos, servizos e eventos, que promoven o desenvolvemento da cultura asociativa e participativa.
Algalia conta con dúas sedes, nas cidades de Vigo (na Rúa Faisán 7 entlo. A) e Santiago de Compostela (na Praza de Europa nº 10 A – 2º B, no C. Cial. Área Central).