Andaina é unha cooperativa centrada na educación. Desenvolven servizos e ectuacións nos ámbitos do ensino regrado, formación e asesoramento do profesorado, ocio e tempo libre. Diríxense a queles mercados e segmentos de poboación que potencialmente sexan demandantes dos seus servizos diferenciais.
A misión.
A súa misión é a educación e formación das persoas en todos os ámbitos da vida, acompañándoas na súa aprendizaxe para ser cidadáns/ás comprometidos/as e responsables mediante un proxecto innovador e baseado na cultura cooperativa.
Os valores polos que se rexen.
– Participación democrática e responsable mediante o compromiso e a cooperación.
– Cultura profesional, soporte da calidade a través da formación e do intercambio de experiencias nun contexto creativo.
– Sentido crítico, entendido como capacidade de reflexión e comunicación, partindo da avaliación individual e colectiva co obxecto da mellora continua.
– Compromiso coa realidade social, cultural, económica, tecnolóxica e lingüística, respectando as diferencias e aprendendo delas.
– Pedagoxías construtivistas e innovadoras que desenvolvan competencias funcionais.
Datos de contacto:
Situación: R/ Aguaceiros 31, A Zapateira. 15174 – Culleredo – A Coruña.
Telf. 981 138 880 Fax. 981 131 698
e-mail: colexio@andaina.com
Sectores: Educación – Formación