O Colexio Eduardo Pondal naceu no ano 1982 e desde entón imparte ensinanzas de Educación Infantil (0 a 6 anos), Educación Primaria e ESO en réxime de concerto coa Xunta de Galicia.
A actividade académica baséase no desenvolvemento duns principios educativos que definen o proxecto do Colexio Eduardo Pondal:
Traballan diarimente co afán de superación e de mellora continua, cunha perspectiva de calidade, para ofrecer ao alumnado o mellor en educación e nos servizos prestados, por elo o Colexio Eduardo Pondal estivo involucrado no deseño e implementación dun plan de calidade de acordo coas normas internacionais da ISO 9001.
Este esforzo foi recompensado coa Certificación de Calidade UNE-EN ISO 9001-2008 en todos os seus niveis de ensino: Educación Infantil, Primaria e Secundaria, algo que lles fai crer cada día máis nas súas propias sinais de identidade: a innovación continua, a atención personalizada, e a resposta individualizada ás necesidades do seu alumnado.
A alta calidade no ensino e nos servizos prestados é unha realidade e unha responsabilidade permanente para todas e todos aqueles que fan parte do Colexio Eduardo Pondal.
Dende o Colexio Eduardo Pondal fan unha clara aposta pola calidade e a mellora continua como metodoloxía de traballo e poñen todo o seu esforzo e empeño en satisfacer as expectativas do alumnado e as familias.
A obtención deste certificado é un exemplo máis do seu compromiso co traballo , para a máxima calidade nos servizos que ofrecen.
Finalmente sinalar que o seu centro atópase totalmente implantado na zona, escolarizando alumnas e alumnos de todo o Morrazo e mesmo doutras comarcas e gozando dunha consideración no entorno que procuran manter co labor constante en prol da educación.
Sectores: Educación – Formación