O colexio concertado de Educación Infantil e Educación Primaria Ludy S. Coop. Galega ten no seu ideario unha fiel aposta pola defensa e la inculcación nos seus alumnos e alumnas dos valores democráticos recollidos pola Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia.
Destacan a igualdade e o respeito cara a todo o mundo como valores fundamentais no ensino.
O ensino ten carácter individualizado, persoal e humano. O seu esforzo está en desenvolver e potenciar a formación integral dos nenos e nenas nun ambiente de convivencia e proxección do alumnado de cara ao futuro.
Teñen por norma sumarse ás actividades educativas e culturais promovidas pola Xunta de Galicia, o Concello e outras entidades, cando estas actividades se axustan ás necesidades e posibilidades do alumnado.
Un dos obxectivos primordiais do Colexio Ludy é a modernización e acondicionamento das instalacións e recursos para adecualos aos tempos actuais e normativas: un claro exemplo é a inclusión no Proxecto Abalar. Este obxectivo mantense e actualiza con inversións continuas neste aspecto.
En cada novo ano académico, a oferta en servizos e actividades renóvase e amplíase, acorde ás necesidades actuais e novas tecnoloxías.
Niveis educativos
Sectores: Educación – Formación