debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114Estiba e desestiba portuaria
Un proxecto cooperativo con mais de quince anos de traxectoria no traballo en colectivo, realizando estiba e desestiba portuaria con actividade principal no Porto de Vigo.
Cotrasvi tenciona dar resposta ás necesidades e aspiracións laborais das persoas socias no sector portuario, dignificar, profesionalizar e poñer en valor o traballo que se desenvolve.
No proxecto pesa a mellora continua das condicións laborais das persoas que integran Cotrasvi, polas especiais condicións e carácter das labouras nas que traballan. Son un referente na defensa do sector e das condicións laborais das persoas. Porén a observación dos riscos e da saúde laboral e a formación é relevante para o proxecto, tamén como factor de calidade nos servizos que prestan e na asunción dos retos que teñen que asumir. Así tamén se forman como carretilleiros, grueiros de buques, maquinistas, en manipulación de cargas, formación moi específica do seu sector de actividade.
Están especializados na carga e descarga de peixe fresco nos buques no porto de Vigo, na lonxa do Berbés, e o seu principal cliente é a cooperativa de armadores de Vigo.
Cotrasvi está conformado por un importante grupo humano de máis de cincuenta persoas socias e máis de dez contratadas. Dispoñen de instalacións para oficinas, vestiarios, ou salón de actos , xuntanzas e reunións.