debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114O Cable Inglés nace coa idea de dar resposta ás demandas culturais dun xeito integral. Co obxectivo de propoñer solucións á medida, capaces de integrar cantos servizos sexan precisos para levar a bo termo cada experiencia cultural.
Rescatamos o seu nome dun dos episodios máis descoñecidos da Historia de Galicia, porén tamén un dos máis frutíferos dende o punto de vista cultural, social, deportivo e económico. O tal suceso comezou en 1873, cando a ETC Eastern Telegraph Company se instalou na cidade de Vigo para tender o primeiro cable telegráfico submarino que unía o continente europeo co resto do mundo. Durante máis dun século Vigo foi a porta de entrada a Europa de todos os grandes acontecementos internacionais. Nas faldas do monte do Castro instalouse unha comunidade británica que durante máis de cen anos transformou as dinámicas da cidade e fixo grandes achegas ao noso patrimonio inmaterial. Daquela dicíase que en Vigo ata as criadas falaban inglés, un dicir popular que viña a confirmar a grande importancia que esta comunidade tiña na cidade naquel momento. O Cable Inglés tamén trouxo o fútbol, o tenis, a cervexa e o viño do Porto, pero sobre todo trouxo cultura. Por debaixo do mar, Galicia comunicábase co mundo.
En 2012 O Cable Inglés Cooperativa Cultural recupera esta parte da nosa memoria como metáfora para crear e comunicar cultura. Xuntando as experiencias de catro profesionais especializadas en xestión, produción, deseño e comunicación, O Cable Inglés ofrece servizos de xestión integral de proxectos culturais sostibles e implicados co territorio e cos seus habitantes.
A cooperativa O Cable Inglés foi galardoada co Premio aos Valores Cooperativos na edición do ano 2013 dos Premios á Cooperación do Consello Galego de Cooperativas. máis información aquí.
O Cable Inglés estivo presente co seu stand no Culturgal.