Ribeira do Navia é unha cooperativa de traballo asociado, nacida no ano 2011 en Negueira de Muñiz. As persoas socias xa viñan desenvolvendo as actividades de produción ecolóxica de froitas e verduras para a elaboración artesanal de zumes e conservas vexetais. A actividade cooperativizada a través da cooperativa tamén inclúe actividades comerciais e de restauración.
Ribeira do Navia da saída a súa produción a través da presenza en mercados e feiras, e os seus artigos pódense atopar tamén en tendas e asociacións de comercio xusto e produto ecolóxico.
Podes ler unha interesante reportaxe sobre a cooperativa. RICD Ribeira do Navia