Directorio /  Simbiosis, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Simbiosis, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Dirección: Polígono de Pocomaco, Avenida Primeira, número 9, 1º
Localidad: A Coruña
Provincia: A Coruña
CP: 15190
Teléfono: 617 054 303

SIMBIOSIS

Simbiosis | Formación, Seguridade Alimentaria e Nutrición, Sanidade

Simbiosis, S. Coop. Galega é unha cooperativa de traballo asociado, fundada e integrada por mulleres, baseada nos valores cooperativos de axuda mutua, responsabilidade, participación democrática, igualdade, equidade e solidariedade, que inicia a súa traxectoria profesional en novembro de 2012. Levan máis dunha década formando e asesorando a empresas e particulares sempre co compromiso dunha formación práctica e de calidade.

Participan en proxectos de formación que favorecen o emprego de calidade, a inclusión e a conciliación, reducindo desigualdades e creando oportunidades.

Simbiosis sempre busca novas colaboracións e alianzas para seguir medrando e ten gran interese na intercooperación.

Que servizos prestan Simbiosis?:

Formación:

  • Formación en calidade e seguridade alimentaria e etiquetado alimentario para produtores primarios, industria alimentaria, comercio de alimentación, ou hostalaría
  • Formación online con cursos sobre veterinaria, gandaría, alimentación, sanitarios e outras áreas de interese para empresas, profesionais e particulares.
  • Cursos acreditados con CFC (créditos de formación continuada) para profesións sanitarias
  • Entidade organizadora de formación programada para empresas bonificada a través de Fundae (Fundación Estatal para la formación en el Empleo).
  • Descontos para desempregados, exalumnos, así como para cooperativas e outras entidades de economía social.
  • Están localizadas na Coruña, máis a súa formación é online, polo que o ámbito de actuación abrangue todo o territorio galego e estatal.

Asesoría e consultoría

  • Asesoramento en etiquetaxe alimentaria, seguridade alimentaria e lexislación do sector alimentario.
  • Xestoría e asesoría fiscal laboral e contable para cooperativas, incluíndo a confección de libros e contas anuais así como a súa presentación.
  • Desenvolvemento e participación en proxectos de formación para a inclusión, a igualdade e a inserción laboral, así como en proxectos de divulgación e promoción de produtos de proximidade e da pesca sostible.
  • Accións de promoción do cooperativismo e economía social.

 Editorial

  • Actividade editorial, publican ebooks didácticos e divulgativos de calidade.
  • Elaboran guías e manuais para profesionais e consumidores.
Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma