Educación e xestión de proxectos ambientais
A cooperativa Teixugo é froito do traballo en común de varios profesionais procedentes de campos como a Bioloxía, a Educación Ambiental, e o Conservacionismo, constituída no ano 1999 na cidade de Vigo.
As actividades que desenvolve sitúase en distintas áreas de intervención:
Educación medioambiental e interpretación do patrimonio, creación ou xestión de aulas da natureza, deseño e realización de programas e itinerarios ambientais.
Organización de xornadas, congresos e cursos de especialización ambiental.
Deseño e elaboración de materiais: unidades didácticas, folletos, libros, etc.
Deseño de informes técnicos, proxectos ambientais, asesoría ambiental e elaboración de censos da flora e fauna.
Actividades de ocio e tempo libre: campamentos, saídas e excursións, xogos, obradoiros, conta contos, animación de festas e actividades extraescolares.
Artesanía: deseño e organización de obradoiros, xornadas e cursos sobre técnicas artesanais, visitas culturais entre outras; sobre todo orientado para rapaces e rapazas.
Todos os traballos de Teixugo, S. Coop. van encamiñados á concienciación e capacitación das persoas nos conceptos de desenvolvemento sostible, coñecemento e conservación do medio ambiente, así como o estudo e recuperación do noso patrimonio cultural, etnográfico e histórico.
Preme sobre o nome para ver un vídeo da cooperativa: teixugo
Teixugo estivo presente, co seu armonógrafo, na Culturgal
Sectores: Cultura – Ocio – Deporte Medio ambiente