debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114Somos unha empresa creada no ano 2012 que traballa no ámbito da economía social e que enmarca a súa área de actuación dentro dos novos xacementos ou filóns de emprego definidos polo ex-presidente da Comisión Europea Jacques Delors no seu Libro Branco sobre crecemento, competitividade e emprego.
A nosa actividade relaciónase cos Servicios Culturais e de Ocio, especialmente centrados nos ámbitos do Turismo, Patrimonio e o Desenvolvemento local. Servizos dirixidos a un heteroxéneo e amplo abano de clientes, dende a administración pública ou entidades sen ánimo de lucro e fundacións, ata outras empresas, entidades privadas ou particulares.
Atendendo ás tres grandes áreas de actuación aceptadas na Xestión Patrimonial ofrecemos un amplo catálogo de servizos, que abarcan dende a Xestión básica (Investigación e Protección) ata a Xestión aplicada (Difusión). Para esto contamos con convenios de colaboración cun amplo número de profesionais, empresas e institucións que nos permiten ofrecer un servizo de xestión integral de proxectos adaptado ás necesidades de cada cliente.
Sectores: Cultura – Ocio – Deporte
Actividades: Patrimonio - Ocio - Turismo