debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 611418/09/2020
A Unión de Cooperativas EspazoCoop avanza no Programa de Formación Especializada na Área Xerencial que se destina prioritariamente a cooperativas socias, aínda que tamén orientado a outras cooperativas e organizacións de economía social.
Este Programa trátase dunha formación modular orientada a persoas con responsabilidades directivas e xerenciais, en temáticas de xestión empresarial, liderado ou innovación entre outras máis.
Para o mes de Outubro de 2020 temos previsto impartir o último módulo temático deste 2020, que versará sobre competencias e habilidades clave para unha óptima aptitude cooperativa, ten unha duración de 15 horas e se realiza en modalidade teleformación nas seguintes datas:
[ ADN cooperativo fronte á crise ]
Do 13 ao 27 de outubro de 2020.
Sesións virtuais de aprendizaxe: 13 e 27 de outubro.
Horario das sesións virtuais: De 11 a 12.30 horas.
Fai clic: CARTEL – PRESENTACIÓN E PROGRAMA DO CURSO
[ Imparte ]
Patane García Méndez. Membro do equipo técnico da Unión de Cooperativas EspazoCoop, con experiencia docente contrastada na área das competencias e habilidades cooperativas.
[ Obxetivos do Programa de formación especializada xerencial ]
– Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.
– Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.
– Divulgar de forma práctica as cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección .
– Potenciar o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras.
[ Programa do módulo: ADN COOPERATIVO FRONTE Á CRISE ]
[ Inscrición ]
Para inscribirte Fai clic: Neste enlace
[ Metodoloxía ]
A metodoloxía é activa e participativa. Búscase captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na súa actividade e haxa unha aprendizaxe signifcativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais e dixitais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación.
[ Para quen? ]
Preferentemente para cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop: socias/os e asalariadas/os que estén en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática desta acción formativa. Tamén, para outras cooperativas e organizacións de economía social, ou público interesado en xeral.
As prazas son limitadas.
[ Cotas de inscrición ]
[ Proceso de matriculación ]
1| Inscríbete no formulario neste enlace
2| Efectúa o pago da cota que te corresponda (no nº de conta indicada no formulario)
3| Envíanos o xustificante de pago a: patane@espazo.coop para confirmarte a praza.
Xa estarás matriculada/o no curso de EspazoCoop «Adn cooperativo fronte á crise».
Máis información e consultas: 881 887 456 – patane@espazo.coop
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2020 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.