03/12/2019
CREANDO MELLORA
| Programa de Bolsas para procesos de mellora en cooperativas |
Destinatarias desta convocatoria:
Persoas en desemprego, menores de 35 anos con formación empresarial.
A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop abre a convocatoria para adxudicar 5 bolsas de xerencia e apoio á mellora en cooperativas. A convocatoria está destinada a persoas desempregadas con titulación e formación na área empresarial.
—
*Este Programa realízase no marco da Programación 2020 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
CONVOCA: Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.