debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 611413/10/2020
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña manteñen un programa de colaboración sobre ‘Emprendemento e Divulgación da Economía Social’ durante 2020 que está conformado por un conxunto de accións que buscan apoiar o cooperativismo na cidade da Coruña.
Ambas entidades impulsan un programa con tres eixos de acción que permiten dotar as cooperativas da área da Coruña e a grupos promotores de empresas cooperativas, de servizos de formación, asesoramento e acompañamento especializado, que poden axudar a minimizar o impacto da crise pola covid19, resolvendo as principais cuestións laborais, xurídicas, económicas, organizativas , fnanceiras ou comerciais.
O Servizo prestará soporte para superar a crise actual do mundo do traballo, tratando de evitar no posible a perda de emprego cooperativo ou o peche de cooperativas e empresas de economía social na Coruña.
Tres liñas de intervención.
1| PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO PARA RE-INICIO DE ACTIVIDADES
Asesoramentos e acompañamentos, tanto para cooperativas en marcha como para grupos promotores, con especial incidencia en empresas en crise, persoas autónomas para agrupar servizos, recursos, e investimentos.
Do mesmo xeito, favorecer a creación de cooperativas conformadas por colectivos con especiais dificultades de inserción ou que proveñan de empresas en crise para tratar de minimizar o impacto no emprego da área e atopar saídas de autoemprego colectivo que contribúan ao mantemento da actividade empresarial.
2| PROGRAMA DE ASESORAMENTO ECONÓMICO-FINANCEIRO, FINANZAS ÉTICAS E COOPERATIVAS
Asesoramento especializado na área de financiamento, con foco na banca ética e de base cooperativa, para entidades de Economía Social e Solidaria.
Servizo prestado presencialmente e a distancia, por un técnico especializado para informar sobre as entidades que operan e posibilidades do financiamento ético para proxectos de emprendemento e empresas en funcionamento a través de entidades da Economía Social como Fiare, Coop57, Triodos Bank…
Folleto informativo do Servizo
3| PROGRAMA DE TELEFORMACIÓN
Itinerario de 2 cursos de emprendemento e plan de empresa cooperativo de 20 horas cada un, dirixido a distintos colectivos. A cooperativas en marcha que teñan interese en reformular a súa actividade ou explorar novas áreas de negocio, como para grupos promotores.
Cursos programados:
Capacidade de adaptación do Cooperativismo
Se por algo se ten caracterizado o cooperativismo ao longo da historia, é pola súa resistencia e capacidade de adaptación. En relación coas anteriores crises económicas, o cooperativismo ten demostrado que a súa organización democrática e participativa e os seus principios e valores son factores que contribúen ao mantemento de postos de traballo e a actividade económica, pero compre axudar ás cooperativas, especialmente as máis golpeadas por esta crise, mediante procesos de acompañamento, de intercambio de boas prácticas, atendendo necesidades, aportando recursos e facilitando formación aplicada e práctica, nos ámbitos estratéxicos e de planeamento para que, do mesmo xeito que noutras ocasións, se poda sair desta crise cooperando.
CONTÁCTANOS para solicitar máis información, cita previa de atención, e demandar estes servizos : 881 886 456 | info@espazo.coop | www.espazo.coop